O galo que puxo un ovo

García Acedo, Indy

15,90€ 15,10€
Hoy -5% en Libros
15,90€ 15,10€
Hoy -5% en Libros
Entrega a domicilio

Compra ahora y recíbelo mañana viernes 16 enero

Recógelo en tienda en 2 horas

Este producto no está disponible. Por favor, selecciona otra opción.
Payment methods icons
Payment methods icons

Compra segura

Entrega en 1-2 días laborables

Regístrate y disfruta de descuentos en cada compra

Envío gratuito a partir de 19 €

Productos de robótica: no se aceptan devoluciones en la tienda. Contacta con atención al cliente.

Descripción

Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos, pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. - Hai moito tempo que non hai pitiños, se vós non queredes... fareino eu! - Un galo...? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas ''diferenzas''. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. é un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como ''naturais''. A autora, Indy G. Acedo aborda con este álbum un tema complexo de xeito sinxelo e natural, deixando espazo para que as crianzas constrúan o seu significado e ofrecendo capas discursivas que se adaptan a diferentes lectores. A ilustradora, Laura Tova, coa súa tan persoal paleta de cores, fainos chegar esta historia a través de sinxelos personaxes de gran tenrura, e moi conectados coa vida e a natureza.

Ficha técnica - O galo que puxo un ovo

Tipo de producto: Libro
Páginas/Hojas: 36
Edad recomendada: A partir de 3 años
Ancho: 230 mm
Alto: 250 mm
Año de edición: 2023
Idioma: Gallego
Tipo de tapa: Dura
EAN: 9788498716900
Referencia Abacus: 1443702.05
Editorial: Oqo

Productos relacionados García Acedo, Indy

O galo que puxo un ovo

O galo que puxo un ovo

García Acedo, Indy

15,90€ 15,10€
5% descuento

Comprobar disponibilidad de Click&Collect

Indica tu localidad para encontrar tu tienda más cercana