1 Libros encontrados

Arias, Xela

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte.Através dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poetaIolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiardo libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial, feita conmotivo da celebración das Letras Galegas 2021, constadun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome,un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemasna voz de Xela Arias acompañada dos músicos PabloCarrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo adirección de Fernando Abreu.
26,50€ 25,17€
Has añadido la cantidad máxima disponible.